Monday 13 de May de 2024

O BNG presenta este sábado o equipo de persoas “preparadas para gobernar”


O BNG ribeirense dará a coñecer a candidatura coa que liderará o futuro goberno ribeirense o vindeiro sábado 25 de marzo, ás 19:30h na nova lonxa de Ribeira.

O responsábel local do BNG, Xabier Vidal, argumenta que “vai haber sorpresas” porque son persoas que lle queren a Ribeira e teñen capacidade para “xestionar o reto apaixonante de transformar en positivo este concello”. Vidal Peón destaca que incorporan persoas independentes que coñecen perfectamente as necesidades da veciñanza.

“O BNG ten os deberes feitos e presenta un equipo co que vai a por todas, con humildade pero coa máxima ambición para darlle a este concello un futuro mellor” concluíu.

O acto público no que se presentarán publicamente as persoas que integran a candidatura nacionalista, contará coa participación da portavoz do BNG na Pobra Amparo Cerecedo, coa deputada do BNG Rosana Pérez e coa intervención do candidato á Alcaldía Luís Pérez Barral. Ao remate haberá un pequeno ágape.